Tipo de animal


O GRILO


O grilo é un insecto e é, polo tanto, un animal invertebrado.
Pertence á familia de Grillidae e á orde dos ortópteros.


Características morfolóxicas


O seu corpo é alongado mide ao redor de 2,5cm de lonxitude e está cuberto dunha dura pel negra coas ás marrón moi escura,
as súas extremidades son fortes e as posteriores sérvenlle para saltar. A forma da súa cabeza é redondeada negra e bastante grande.
Desprázase camiñando, ten seis patas e pode dar pequenos saltos.
P5230219.JPG
O noso grilo


Comportamento



O grilo macho, cando chega a primavera, produce un canto co roce das súas ás para atraer á femia, ese é a súa única función.
Para entoar o seu crí-crí fergan as patas traseiras coas ás dianteiras. Só canta o macho.


Alimentación


É un animal omnívoro, pero principalmente aliméntase de especies vexetais.



Reprodución


É un animal ovíparo, nace de ovos, pon ata 150 e ponos na galería onde vive.

Hábitat.


Viven en buratos que fan eles mesmos e que poden chegar a 35cm de profundidade, o macho e a femian viven en buratos
separados nos que se esconden durante o día.


Curiosidades


Son animais soliterios, sobre todo os machos é unha especie nocturna e de hábitos soterrados.