A barbantesa

Tipo de animal

A BARBANTESA


A mantis relixiosa ou barbantesa é un insecto e , polo tanto ,un animal invertebrado.
Pertence á familia de Mantidae e á especie de M. relixiosa.

Caraterísticas morfolóxicas


O seu corpo é e está cuberto dunha dura pel que é de cor verdDSC03038.JPG.jpge ou marrón.A forma da súa cabeza é triangular e as súas extremidades son longas e as dúas dianteiras péchanse en forma de pinza.Desprázase camiñando e ten seis patas.
O seu tamaño na idade adulta é de 7 cm na femia y algo menos no macho.O seu peso é de pucos gramos.

Comportamento


É un animal que dependendo o lugar onde se tope cambia de cor: se está entre follas verdes é verde, se está entre ramas marróns vólvese desta cor e se está enriba de palla, é amarelada. A ese cambio de cor chámaselle "mimetismo".

Alimentación


É un animal carnívoro, alimentase doutros insectos que obtén cazando.
Come utilizando as súas fortes mandíbulas e as dúas patas dianteiras que lle axudan a suxeitar á súa presa.

Reprodución


É un animal ovíparo, nace de ovos. A súa xestación dura desde o outono ata a primavera seguinte. Ao nacer xa é moi hábil, os máis espabilados poden chegar a comerse aos seus irmáns. A femia pode chegar a por entre 200 e 300 ovos por cada posta.

Hábitat

Vive en zonas cultivadas, polo que é beneficiosa para os agricultores, xa que lles axuda a eliminar insectos que poden facer dano as plantas.

Curiosidades

Unha vez que o macho fecundou á femia, ésta cómeo para alimentarse e poder ter enerxía para a posta de ovos. Queda inmóbil durante longos períodos de tempo para pasar desapercibida diente paxaros, morcegos...e librarse de servirlle de xantar.

Narración feita por Cristina de 6º E.P